O blog de Academos





VERÁN ACADEMOS

Categoría : NOVIDADES, VERÁN · by Jun 6th, 2017

Boas a todos/as.

Nesta entrada imos contarvos un pouco polo miúdo as actividades que temos preparadas para este verán.

Preparación de exames de setembro:

Coma tódolos veráns axudámoste a prepara-los exames de setembro. Teremos clases de tódolas materias ata 2º de ESO e de Inglés a tódolos niveis.

Aula de estudo
Coma novidade, este ano inauguramos  aula de estudo. Ás explicacións prácticas e planificación dos horarios de estudo no verán, para que che sexa máis sinxelo oraganizarte,  pódeste quedar na nosa aula o tempo que necesites. Aquí terás á túa disposición ordenador con conexión a internet, e todo o material ofimático e de consulta. Preparar as materias en setembro este ano vaiche resultar moito máis doado!

Cursos de Inglés:

Podes aproveitar para preparar intensivamente o título de inglés que che interese. En pequenos grupos ou en clases individuais, como prefiras.

Somos centro preparador oficial dos exames de Cambridge, co cal ofrecémos as mellores garantías para conseguir o teu aprobado. Xestionamos a túa matrícula e informámoste das datas e lugares de exame.

Tamén temos clases para infantil e primaria nas que practicar inglés de forma lúdica este verán e para adultos, sexa cal sexa o teu nivel.

 

 

Obradoiros de infantil e primaria:

 

Para os/as máis pequenos/as temos diseñadas un montón de actividades dentro dos nosos obradoiros temáticos.

XOGANDO CO APRENDIDO:

Despois dun bo curso ven a recompensa! Divertirse con todo o que aprendemos este ano. Pasapalabra, trivial ortográfico, oca dos números, concursos…

Sen fichas e sen libros;de forma lúdica e dinámica.

 

COCIÑA SAÚDABLE:

Achegaremos recetas de cociña divertidas, sinxelas e apetitosas, traballando así o  desenvolvemento de hábitos nutricionais saudables e equilibrados,  estimulando o interese pola comida san e promovendo o aseo e a hixiene alimentaria.

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS:

Neste obradoiro van ter a oportunidade de descubrir, sen presas, e de maneira lúdica, as teorías que aprenden no cole: dende o nacemento dunha planta ata como funciona o aparato respiratorio.

A partir de pequenos experimentos, espertaremos a súa curiosidade e interese polas ciencias naturais.

CLUBE DE LECTURA:

En moitas ocasións o pracer pola lectura non se adquire cando se aprende a ler, senón cando atopamos o que nos gusta ler. Cómics, ciencia ficción, diarios…

Neste taller traballaremos as habilidades lectoras e o gusto pola lectura, formando a pequenos/as  grandes lectores.

EMOCIÓNS, CORPO E MENTE:

Métodos como o “brain gym” axúdarannosa lograr unha integración mentecorpo, exercitando a lateralidade, coordinación e equilibrio e a concentración entre outros. Tamén exercitaremos a atención memoria, razonamento… mediante xogos e traballaremos a intelixencia emocional (conciencia, regulación, autonomía e hábitos)  con diferentes dinámicas, buscando a educación integral dos nenos/as.

INGLÉS DE CINE:

Sacamos as palomitas e poñemos unha película. Pero deberemos estar atentos porque en calquera momento podemos facer unha pregunta. Practicaremos inglés a través do cine en VO “con interrupcións”

 

EXPRESIÓN ARTÍSTICA:

A través de  actividades manipulativas, con diferentes materiais e texturas, potenciaremos  a creatividade e expresión dos/as nenos e nenas, creando ás súas propias obras de arte.

Tódolos obradoiros teñen 1hora e 30 minutos de duración e podes combinalos como queiras. Asistir a un, dous ou á semana completa. Podes inscribirte por días soltos,  semana, quincena ou mes completo.

Plan concilia:

Somos conscientes das dificultades de conciliar os horarios e compaxinar cos máis peques, por  eso os horarios de entrada e saída son  flexibles. Podes deixar aos peques ata 30 minutos antes do inicio do obradoiro e vir a recollelos ata 30 minutos despois de que remate.

 

Pásate a facernos unha visita, mándanos un mail ou chámanos por teléfono e estaremos encantadas de atenderte.

 

COMPARTIR :