O blog de Academos




CURSO 2017 – 2018

Categoría : CURSO 17-18, INGLÉS, PRIMARIA, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Sep 21st, 2017

Comezamos un novo curso. 

Dende o luns 18 xa estamos traballando de cheo  para ofrecervos,  coma tódolos anos, solucións educativas de calidade. Os grupos de inglés comezan a primeira semana de outubro. Podedes poñervos en contacto con nós (facebook, mail, teléfono, academia…)  para confirmar horarios e dispoñibilidade de prazas.

Vémonos en Academos! 

 

Curso intensivo de Pet (B1)

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 28th, 2016

INTENSIVO PET

Curso orientado á preparación do exame PET (B1) de Cambridge que terá lugar en Vigo o 9 de setembro. Debido á duración do curso centrarémonos unicamente na preparación do exame, polo tanto pediremos unha proba de nivel para acceder a él.
Para preparalo con máis profundidade temos outros cursos dispoñibles.

Preparación exames setembro

Categoría : NOVIDADES, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 27th, 2016

PREPARACION ESO SETEMBRO

Para os/as alumnos/as con materias pendentes para setembro, contamos con profesorado especializado en cada área, que se encargará de facer unha planificación á medida da materia ou materias a recuperar. Ademáis do traballado durante as clases, os/as alumnos/as levarán tarefas para reforzar na casa, que serán revisadas na seguinte sesión. Tamén se levarán a cabo simulacros de exame, para ir comprobando o nivel de coñecementos adquiridos en cada momento.
En resumo, non so resolvemos dúbidas con respecto ás materias a recuperar, senón que deseñamos un plan individualizado de traballo para cada alumno/a para adaptarnos ás necesidades do mesmo e así conseguir os mellores resultados.