O blog de Academos




Planificación do primeiro trimestre

Ola de novo!

Esta vez traémosvos outra ferramenta moi útil na organización do estudo.

Trátase dun planificador trimestral, no que ir anotando as datas dos exames ou da entrega de traballos. Deste xeito dun so vistazo podemos ver ás tarefas pendentes nas próximas semanas, para poder organizar mellor as horas de estudo.

Tamén contén unha folla na que anotar con máis detalle os contidos do examen ou traballo e a calificación da mesma, para telo todo baixo control.

Espero que vos sirva de utilidade no voso estudo diario.

Pincha aquí para descarga:

PLANIFICADOR 

Síguenos tamén no instagram 🙂 

Saúdos.

Nova sección de recursos no blogue: Calendario escolar 2017-2018

Boas a todos/as.

Estamos de estrea! Hoxe inauguramos nova sección no blogue, na que iremos subindo diferentes recursos educativos de elaboración propia que cremos que poden ser de interese para vós. Como estamos a inicio de curso, deixámosvos o enlace para poder descargar un calendario escolar de sobremesa no que veñen destacados os periodos non lectivos e festivos para poder programar e planificar o voso tempo de estudo. So tedes que pinchar no enlace, descargar o archivo pdf, imprimídelo e listo para dobrar e usar.

Esperamos que vos guste!

  Pincha aquí 

 

   CALENDARIO ESCOLAR 17 18

 

Síguenos tamén no instagram  🙂