O blog de Academos




CURSO 2017 – 2018

Categoría : CURSO 17-18, INGLÉS, PRIMARIA, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Sep 21st, 2017

Comezamos un novo curso. 

Dende o luns 18 xa estamos traballando de cheo  para ofrecervos,  coma tódolos anos, solucións educativas de calidade. Os grupos de inglés comezan a primeira semana de outubro. Podedes poñervos en contacto con nós (facebook, mail, teléfono, academia…)  para confirmar horarios e dispoñibilidade de prazas.

Vémonos en Academos! 

 

Escola de verán para primaria

Categoría : NOVIDADES, PRIMARIA · Non hai comentarios · by Jun 21st, 2016

OBRADOIRO 5 6 PRIMARIA

Hoxe tócalle a quenda á escola de verán de primaria,  dirixida a nenos e nenas que cursaran este ano quinto ou sexto de primaria.
Centramos a escola en dous bloques principais:
Reforzar e ampliar os contidos aprendidos durante o curso escolar.
Hai alumnos/as que necesitan reforzar unha área ou materia concreta que lle custou máis sacar a diante , como poden se-las matemáticas ou as linguas, ou simplemente repasar e ampliar o xa aprendido para comezar o seguinte curso dunha maneira máis relaxada e cunha base sólida. Nas clases centrarémonos nas áreas onde o alumno/a presenta máis dificultades ou desexa profundiza-los seus coñecementos.
Iniciación ás técnica de estudo
Ao mesmo tempo, é un bo momento para iniciar aos rapaces e rapazas nas técnicas de estudo, consideradas básicas para un óptimo rendemento durante a etapa escolar. Deste xeito, os alumnos/as coñecerán e practicarán as principais técnicas de estudo ( suliñado, esquema, resumo, mapas conceptuais…) que lle serán de gran axuda nos vindeiros cursos.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         Tódolos martes e xoves de 11.30 a 10.30