O blog de Academos




VERÁN ACADEMOS

Categoría : NOVIDADES, VERÁN · Non hai comentarios · by Jun 6th, 2017
VERÁN ACADEMOS

Boas a todos/as. Nesta entrada imos contarvos un pouco polo miúdo as actividades que temos preparadas para este verán. Preparación…

NOVO OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Todos/as coñecemos casos de rapaces e rapazas que adican moitas horas a estudar e ese traballo non se corresponde cos resultados escolares obtidos. Estas situacións moitas das veces acaban por frustar ao alumnado, perdendo todo interese polos estudos e desembocando en fracaso escolar. Sabemos que hai diversos factores que poden influir no día a día dos nosos escolares (ambientais, persoais, psicolóxicos…). Unha desas causas é a ausencia de técnicas básicas de estudo.  Dispoñer dunha boa planificación e organización; traballar a comprensión lectora e análise de textos; potencia-la concentración e a memoria, favorece os resultados académicos, incrementando así a autoestima e confianza en si mesmos/as.

 

Obradoiro técnocas de estudo

 

 

 

Curso intensivo de Pet (B1)

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 28th, 2016

INTENSIVO PET

Curso orientado á preparación do exame PET (B1) de Cambridge que terá lugar en Vigo o 9 de setembro. Debido á duración do curso centrarémonos unicamente na preparación do exame, polo tanto pediremos unha proba de nivel para acceder a él.
Para preparalo con máis profundidade temos outros cursos dispoñibles.

Preparación exames setembro

Categoría : NOVIDADES, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 27th, 2016

PREPARACION ESO SETEMBRO

Para os/as alumnos/as con materias pendentes para setembro, contamos con profesorado especializado en cada área, que se encargará de facer unha planificación á medida da materia ou materias a recuperar. Ademáis do traballado durante as clases, os/as alumnos/as levarán tarefas para reforzar na casa, que serán revisadas na seguinte sesión. Tamén se levarán a cabo simulacros de exame, para ir comprobando o nivel de coñecementos adquiridos en cada momento.
En resumo, non so resolvemos dúbidas con respecto ás materias a recuperar, senón que deseñamos un plan individualizado de traballo para cada alumno/a para adaptarnos ás necesidades do mesmo e así conseguir os mellores resultados.

 

Obradoiros de inglés para infantil

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 23rd, 2016

INGLÉS INFANTIL

Non nos podemos esquecer dos peques da casa. Para eles temos preparadas diferentes actividades coas que practicarán inglés de maneira divertida e practicamente sen darse conta.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                              Tódolos martes de 11.00 a 12.00

Exames oficiais de inglés

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 22nd, 2016

EXAMES OFICIAIS DE INGLÉS

Agora que chega o verán, é un bo momento para poñerte ao día co inglés. Dende Academos preparámoste para que consigas a titulación oficial que mellor se adapte ás túas necesidades.
Dende uns anos atrás para poder obter o título de grao universitario é imprescindible acreditar o nivel  B1 nunha lingua estranxeira. Senón estás acreditado ao final dos teus estudos, non poderás obter o título de grao, aínda que teñas tódalas materias superadas.
Nalgúns países e, depende de para que traballo, esíxenche titulacións superiores como o CAE ou máis específicas como pode ser o IELTS.
                                                                                                   Pásate a facernos unha visita e asesorámoste sen compromiso.

Escola de verán para primaria

Categoría : NOVIDADES, PRIMARIA · Non hai comentarios · by Jun 21st, 2016

OBRADOIRO 5 6 PRIMARIA

Hoxe tócalle a quenda á escola de verán de primaria,  dirixida a nenos e nenas que cursaran este ano quinto ou sexto de primaria.
Centramos a escola en dous bloques principais:
Reforzar e ampliar os contidos aprendidos durante o curso escolar.
Hai alumnos/as que necesitan reforzar unha área ou materia concreta que lle custou máis sacar a diante , como poden se-las matemáticas ou as linguas, ou simplemente repasar e ampliar o xa aprendido para comezar o seguinte curso dunha maneira máis relaxada e cunha base sólida. Nas clases centrarémonos nas áreas onde o alumno/a presenta máis dificultades ou desexa profundiza-los seus coñecementos.
Iniciación ás técnica de estudo
Ao mesmo tempo, é un bo momento para iniciar aos rapaces e rapazas nas técnicas de estudo, consideradas básicas para un óptimo rendemento durante a etapa escolar. Deste xeito, os alumnos/as coñecerán e practicarán as principais técnicas de estudo ( suliñado, esquema, resumo, mapas conceptuais…) que lle serán de gran axuda nos vindeiros cursos.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         Tódolos martes e xoves de 11.30 a 10.30

Obradoiros psicopedagóxicos de primaria

Categoría : NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 16th, 2016

OBRADOIRO PRIMARIA

Presentámosvos os obradoiros dirixidos aos nenos e nenas de primeiro a cuarto de primaria. Non se trata de clases de repaso tradicionais, senón que traballaremos por áreas de aprendizaxe.
Podedes matricular aos pequenos e pequenas nas dúas áreas ou nunha soa, en función das súas necesidades.
Os martes adicarémolos a traballar e afianzar habilidades e aprendizaxes adquiridas na área da linguaxe tales como a mecánica da lectoescritura, as habilidades lectoras (exactitude, ritmo, fluidez e velocidade), a grafía, a expresión oral e escrita e o vocabulario.
O xoves centrarémonos na área lóxico – matemática, adquirindo e/ou reforzando habilidades para a resolución de problemas, afianzando as operacións de cálculo básicas, potenciando a memoria, atención e concentración e desenvolvemento do razoamento/pensamento lóxico matemático.

 

En resumo, o que procuramos con estes talleres é reforzar e afianza-las aprendizaxes adquiridas durante o curso.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                Tódolos martes e xoves de 10.30 a 11.30

Obradoiros psicopedagóxicos de infantil

Categoría : NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 15th, 2016

Colour pencils isolated on white background close up

 

Durante os meses de xullo e agosto levaremos a cabo unha serie de obradoiros psicopedagóxicos orientados aos nenos e nenas de 3 a 5 anos.
Son talleres de hora e media de duración nos que reforzaremos diferentes aspectos do desenvolvemento integral do neno, con actividades sinxelas, amenas e divertidas.
Pódese elixir a opción de mes enteiro ou por días soltos, xa que son obradoiros independentes nos que cada día faremos diferentes actividades.
                                                                                                                      Tódolos mércores de 12.00 a 13.30

 

 

Programación verán 2016

Categoría : NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 14th, 2016

Verán 2016