O blog de Academos




CURSO 2017 – 2018

Categoría : CURSO 17-18, INGLÉS, PRIMARIA, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Sep 21st, 2017

Comezamos un novo curso. 

Dende o luns 18 xa estamos traballando de cheo  para ofrecervos,  coma tódolos anos, solucións educativas de calidade. Os grupos de inglés comezan a primeira semana de outubro. Podedes poñervos en contacto con nós (facebook, mail, teléfono, academia…)  para confirmar horarios e dispoñibilidade de prazas.

Vémonos en Academos! 

 

Curso intensivo de Pet (B1)

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 28th, 2016

INTENSIVO PET

Curso orientado á preparación do exame PET (B1) de Cambridge que terá lugar en Vigo o 9 de setembro. Debido á duración do curso centrarémonos unicamente na preparación do exame, polo tanto pediremos unha proba de nivel para acceder a él.
Para preparalo con máis profundidade temos outros cursos dispoñibles.

Obradoiros de inglés para infantil

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 23rd, 2016

INGLÉS INFANTIL

Non nos podemos esquecer dos peques da casa. Para eles temos preparadas diferentes actividades coas que practicarán inglés de maneira divertida e practicamente sen darse conta.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                              Tódolos martes de 11.00 a 12.00

Exames oficiais de inglés

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 22nd, 2016

EXAMES OFICIAIS DE INGLÉS

Agora que chega o verán, é un bo momento para poñerte ao día co inglés. Dende Academos preparámoste para que consigas a titulación oficial que mellor se adapte ás túas necesidades.
Dende uns anos atrás para poder obter o título de grao universitario é imprescindible acreditar o nivel  B1 nunha lingua estranxeira. Senón estás acreditado ao final dos teus estudos, non poderás obter o título de grao, aínda que teñas tódalas materias superadas.
Nalgúns países e, depende de para que traballo, esíxenche titulacións superiores como o CAE ou máis específicas como pode ser o IELTS.
                                                                                                   Pásate a facernos unha visita e asesorámoste sen compromiso.