O blog de Academos




Planificación do primeiro trimestre

Ola de novo!

Esta vez traémosvos outra ferramenta moi útil na organización do estudo.

Trátase dun planificador trimestral, no que ir anotando as datas dos exames ou da entrega de traballos. Deste xeito dun so vistazo podemos ver ás tarefas pendentes nas próximas semanas, para poder organizar mellor as horas de estudo.

Tamén contén unha folla na que anotar con máis detalle os contidos do examen ou traballo e a calificación da mesma, para telo todo baixo control.

Espero que vos sirva de utilidade no voso estudo diario.

Pincha aquí para descarga:

PLANIFICADOR 

Síguenos tamén no instagram 🙂 

Saúdos.

Nova sección de recursos no blogue: Calendario escolar 2017-2018

Boas a todos/as.

Estamos de estrea! Hoxe inauguramos nova sección no blogue, na que iremos subindo diferentes recursos educativos de elaboración propia que cremos que poden ser de interese para vós. Como estamos a inicio de curso, deixámosvos o enlace para poder descargar un calendario escolar de sobremesa no que veñen destacados os periodos non lectivos e festivos para poder programar e planificar o voso tempo de estudo. So tedes que pinchar no enlace, descargar o archivo pdf, imprimídelo e listo para dobrar e usar.

Esperamos que vos guste!

  Pincha aquí 

 

   CALENDARIO ESCOLAR 17 18

 

Síguenos tamén no instagram  🙂

 

 

CURSO 2017 – 2018

Categoría : CURSO 17-18, INGLÉS, PRIMARIA, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Sep 21st, 2017

Comezamos un novo curso. 

Dende o luns 18 xa estamos traballando de cheo  para ofrecervos,  coma tódolos anos, solucións educativas de calidade. Os grupos de inglés comezan a primeira semana de outubro. Podedes poñervos en contacto con nós (facebook, mail, teléfono, academia…)  para confirmar horarios e dispoñibilidade de prazas.

Vémonos en Academos! 

 

VERÁN ACADEMOS

Categoría : NOVIDADES, VERÁN · Non hai comentarios · by Jun 6th, 2017
VERÁN ACADEMOS

Boas a todos/as. Nesta entrada imos contarvos un pouco polo miúdo as actividades que temos preparadas para este verán. Preparación…

NOVO OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Todos/as coñecemos casos de rapaces e rapazas que adican moitas horas a estudar e ese traballo non se corresponde cos resultados escolares obtidos. Estas situacións moitas das veces acaban por frustar ao alumnado, perdendo todo interese polos estudos e desembocando en fracaso escolar. Sabemos que hai diversos factores que poden influir no día a día dos nosos escolares (ambientais, persoais, psicolóxicos…). Unha desas causas é a ausencia de técnicas básicas de estudo.  Dispoñer dunha boa planificación e organización; traballar a comprensión lectora e análise de textos; potencia-la concentración e a memoria, favorece os resultados académicos, incrementando así a autoestima e confianza en si mesmos/as.

 

Obradoiro técnocas de estudo

 

 

 

Curso intensivo de Pet (B1)

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 28th, 2016

INTENSIVO PET

Curso orientado á preparación do exame PET (B1) de Cambridge que terá lugar en Vigo o 9 de setembro. Debido á duración do curso centrarémonos unicamente na preparación do exame, polo tanto pediremos unha proba de nivel para acceder a él.
Para preparalo con máis profundidade temos outros cursos dispoñibles.

Preparación exames setembro

Categoría : NOVIDADES, SECUNDARIA, SETEMBRO · Non hai comentarios · by Jun 27th, 2016

PREPARACION ESO SETEMBRO

Para os/as alumnos/as con materias pendentes para setembro, contamos con profesorado especializado en cada área, que se encargará de facer unha planificación á medida da materia ou materias a recuperar. Ademáis do traballado durante as clases, os/as alumnos/as levarán tarefas para reforzar na casa, que serán revisadas na seguinte sesión. Tamén se levarán a cabo simulacros de exame, para ir comprobando o nivel de coñecementos adquiridos en cada momento.
En resumo, non so resolvemos dúbidas con respecto ás materias a recuperar, senón que deseñamos un plan individualizado de traballo para cada alumno/a para adaptarnos ás necesidades do mesmo e así conseguir os mellores resultados.

 

Obradoiros de inglés para infantil

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 23rd, 2016

INGLÉS INFANTIL

Non nos podemos esquecer dos peques da casa. Para eles temos preparadas diferentes actividades coas que practicarán inglés de maneira divertida e practicamente sen darse conta.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                              Tódolos martes de 11.00 a 12.00

Exames oficiais de inglés

Categoría : INGLÉS, NOVIDADES · Non hai comentarios · by Jun 22nd, 2016

EXAMES OFICIAIS DE INGLÉS

Agora que chega o verán, é un bo momento para poñerte ao día co inglés. Dende Academos preparámoste para que consigas a titulación oficial que mellor se adapte ás túas necesidades.
Dende uns anos atrás para poder obter o título de grao universitario é imprescindible acreditar o nivel  B1 nunha lingua estranxeira. Senón estás acreditado ao final dos teus estudos, non poderás obter o título de grao, aínda que teñas tódalas materias superadas.
Nalgúns países e, depende de para que traballo, esíxenche titulacións superiores como o CAE ou máis específicas como pode ser o IELTS.
                                                                                                   Pásate a facernos unha visita e asesorámoste sen compromiso.

Escola de verán para primaria

Categoría : NOVIDADES, PRIMARIA · Non hai comentarios · by Jun 21st, 2016

OBRADOIRO 5 6 PRIMARIA

Hoxe tócalle a quenda á escola de verán de primaria,  dirixida a nenos e nenas que cursaran este ano quinto ou sexto de primaria.
Centramos a escola en dous bloques principais:
Reforzar e ampliar os contidos aprendidos durante o curso escolar.
Hai alumnos/as que necesitan reforzar unha área ou materia concreta que lle custou máis sacar a diante , como poden se-las matemáticas ou as linguas, ou simplemente repasar e ampliar o xa aprendido para comezar o seguinte curso dunha maneira máis relaxada e cunha base sólida. Nas clases centrarémonos nas áreas onde o alumno/a presenta máis dificultades ou desexa profundiza-los seus coñecementos.
Iniciación ás técnica de estudo
Ao mesmo tempo, é un bo momento para iniciar aos rapaces e rapazas nas técnicas de estudo, consideradas básicas para un óptimo rendemento durante a etapa escolar. Deste xeito, os alumnos/as coñecerán e practicarán as principais técnicas de estudo ( suliñado, esquema, resumo, mapas conceptuais…) que lle serán de gran axuda nos vindeiros cursos.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         Tódolos martes e xoves de 11.30 a 10.30